Imos facer en 5º de Primaria unha presentación para concienciar aos alumnos dos múltiples perigos da rúa se non van atentos, con imaxes e algún xogo ou trivial. A presentación será amena e moi dinámica, para que non se aburran e así aprendan máis. Algún que outro chiste seguro que facemos, e poremos exemplos visuais graciosos, impactantes,..
A orde será: Primeiro a presentación e logo o trivial, para que saiban respostar as preguntas e ademáis recorden un pouco do que lles dixemos.
A presentación abarcará temas como o uso de móbiles na rúa, os pasos de peóns, os distintos perigos da rúa, consellos para a seguridade etc.
O trivial serán preguntas sobre a presentación que fixemos antes para que se lles quede e ademáis o pasen ben.
Se non queres perder os dentes prevén os accidentes.



Banda sonora:
Understand In A Car Crash- Thursday
Heaven Help Us- My Chemical Romance.
Se a campaña vai dirixida a nenos e nenas de primaria teredes que utilizar imaxes que non firan a súa sensibilidade e por outra banda debedes incidir nalgún aspecto que teña que ver con eles e elas, como pode ser o uso do móbil mentres cruzan un paso de peóns, cruzar un semáforo en vermello, cruzar por onde non é debido... lembrade que eles e elas non conducen. Atención ao contido que ides expoñer.
ResponderEliminar