O bullying é un tipo de acoso dado principalmente na escola que consiste na violencia psíquica, verbal e física. O bullying consiste principalmente na marxinación, os insultos, o maltrato físico, as burlas... O bullying pode causar desde a marxinación social, ata a depresión severa e mesmo o suicidio.
Este é un exemplo de como un neno nos conta co seu rap o que viviu co bullying:
Estadisticas:

España é un dos países do mundo desenvolvido nos que os
nenos de 11, 13 e 15 anos recoñecen en menor medida que foron vítimas de acoso
escolar e, con todo, o noso país é o que ten a maior porcentaxe dos que si
declara participar nunha pelexa.
Estes datos, incluídos por Unicef no seu informe 'Benestar
infantil nos países ricos, un panorama comparativo', reflicten que a porcentaxe
de menores de Italia, Suecia e España, por esta orde e con pouco máis dun 10%,
é moi baixo á hora de recoñecer que sufriron acoso escolar polo menos unha vez
nos últimos dous meses.
Con todo, España, de entre a trintena de países estudados, é
o único no que a porcentaxe dos nenos enquisados que confesa participar nunha
pelexa, polo menos unha vez nos últimos doce meses, supera o 50%.
Algunhas imaxes:

Este é un vídeo dunha antiga vítima de bullying, chamábase Amanda Todd e por desgracia non conseguiu superalo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario